Sunday, September 4, 2011
AMISTOSO: BARBADÁS CADETE A 3 -C.D. OURENSE 2
O Cadete A conseguiu derrotar ó Ourense por 3-2 grazas un “hat trick” de Ian na primeria parte. Os locais comezaron moi enchufados o partido. Presionando moi ben a saída de balón contraria e, sobre todo, con moita intensidade. O dominio do Barbadás era moi craro nestes minutos. Non tardaría moito en chegar o primeiro gol de Ian. O dianteiro local aproveitou un erro do porteiro ourensanista e logrou marcar a porta baleira. Xa co marcador a favor, o Cadete A seguiu controlando o xogo. Ian logrou o seu segundo tanto tras aproveitar un bo pase de Manu. Eran minutos nos que o Cadete A tiña o control do partido. Antes de chegar o descanso, Ian conseguiu o seu terceiro gol tras un moi bo disparo dende fora da área. Chegouse ó descanso co 3-0 no marcador.
Na segunda parte o Barbadás deixou de apretar tanto en defensa e, ademáis, deixou de xerar tanto perigo. Porén, as mellores ocasións seguían a ser as do conxunto local que puido facer o cuarto gol en sendas ocasións de Pablo Bande, Yago e Manu. Foi nestes minutos nos que o Ourense conseguiu o seu primeiro gol. Nos últimos minutos de partido o Ourense marcou o 3-2 definitivo logo dun erro en defensa dos locais. E con este resultado chegouse ó final dun partido que deixa boas sensacións de cara ó inicio da liga. FERNANDO
Labels:
CADETE,
EQUIPOS BARBADÁS
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment