A.D. LAVADORES: Asun, Karina (m.65 Sonia), Patri, Pili, Belén, (m .46 T. Valeverde) Ana (m. 69 Nieves), Paula (m. 46 Gloria), Tamara, Damarís, Vanessa y Silvia
UD. BARBADÁS: House, María (m. 61 Jani), Noelia, Abi, Andrea, Cris, Helena, Alba, Yanina (m. 68 Masana), Vero y Emma (m. 76 Laura)
ÁRBITRO: Dª Elena Casal Fernández. Boa arbitraxe. Amonestacións: Alba (Barbadás) eVero (Barbadás)
Goles: m. 19. 0-1.- Yanina de tiro colocado ante a salida de Asun
m. 35.- Helena gana por velocidade á defensa visitante e cando a porteira saía, mete a punteira e cruza o balón
m. 77.- Balón en profundidade de Cris a Helena que de "vaselina" marca un bonito gol
Pleno de vitorias da U.D. Barbadás neste comenzo de temporada que o leva a encabezar a clasificación da Preferente Autonómica Feminina. Presumíase un partido dificil, non solo porque o Lavadores é un equipo con moita experiencia e tradición, senón porque o equipo estaba escaso de xogadoras, xa que solo ían 15 na convocatoria e ao chegar a Vigo, Paci con molestías no cuádriceps non puido participar. Ben é certo que Noelia fixo un gran partido, sen que se notase a baixa de Paci.
Comenzou o partido sin un claro dominador e sen apenas ocasións claras ata que Yanina fixo o 0-1 que lle deu moita tranquilidade ás visitantes. A partir dese gol, ainda que o partido era moi disputado o Barbadás tiña mais chegada a portería defendida por Asun e iso viuse reflexado no gran gol de Helena pouco antes do descanso que puxo o partido casi que imposible para as locais. O Barbadás que nos 3 anteriores partidos sufriu moito nas segundas partes non quixo que neste partido lle ocorrera o mesmo e soupo xogar co marcador a favor, con un bo posicionamento defensivo e saíndo en rápidas contras que moi ben puideron darlle un resultado maior, xa que Helena a pase de Vero tivo unha moi boa ocasión e Emma foi derrubada no área cando se quedaba sola ante a porteira sin que o árbitro apreciara o claro "penalty". O Lavadores ainda que lle poñía moita voluntade non foi quen de crear ningunha ocasión clara ante House e o Barbadás en canto Helena fixo o 0-3 de fermosa "vaselina " posicionouse moi ben no campo deixando pasar o tempo ata o remate do partido. A próxima semana en Os Carrís o Barbadás recibirá ao Sárdoma que é o 2º clasificado a 2 puntos das "azulonas" nun partido que se presume interesante. FOFI
Y se agradece que publiquéis comentarios de vuestros equipos, o enviar enlaces en donde ver crónicas, fotos etc. Gracias.
No comments:
Post a Comment