Monday, October 31, 2011

PORTOSÍN FEMENINO 0- BARBADÁS-0

C.D. PORTOSÍN: Noelia, Julia, Raquel, Belén, Ángela, Nancy, Lorena, Iria (m. 53 Sara), Diana, A. Romero e Virginia
U.D. BARBADÁS: House, María, Paci, Abi, Andrea (m.72 Laura), Cris, Helena, Alba, Vero (m. 46 Yanina), Masana (m. 46 Jani) e Noe.
Árbitro: Tubio Piñeiro Segundo
Non foi o de hoxe un partido vistoso do Barbadás en Portosín, xa que tanto o campo, pequeno e de terra, como o rival que sempre estivo moi metido no partido e con unha xogadora por liña de bastante calidade lle puxo en moita dificultade para gañar o partido. O partido non tivo demasiadas ocasións de gol por parte de ningún equipo. O Barbadás solo inquietou na primeira parte unha vez a porteira local cando Helena recibe sola ao borde do área e en vez de avanzar cara a portería decide tirar e para sin dificultade Noelia. O Portosín tampouco inquietou moito a House, ainda que a súa mellor xogadora Belén puxo en dificultades en moitos momentos do partido as centrais visitantes, xa que tiña moita velocidade e capacidade técnica. A segunda parte foi parecida á primeira, ainda que o Barbadás estivo mais tempo en campo contrario e Paci tivo unha moi bóa oportunidade a pase de Helena, ainda que tamén Belén tivo outra boa ocasión cando desbordou a Abi e se plantaba sola ante House, pero Jani moi rápida chegou para tapar o seu tiro. Polo visto ata o de agora non vai ser nada fácil para o Barbadás estar na parte alta da clasificación xa que calquera equipo ten capacidade para vencer. Foto de archivo

OTROS RESULTADOS Y CLASIFICACIÓN

No comments:

Post a Comment